A GUERRA NA ANTIGÜIDADE
|
οὐδεὶς γὰρ οὕτω ἀνόητός ἐστι ὅστις πόλεμον πρὸ εἰρήνης
αἱρέεται·
ἐν μὲν γὰρ τῇ οἱ παῖδες τοὺς πατέρας θάπτουσι,
ἐν δὲ τῷ οἱ πατέρες τοὺς παῖδας
ninguén é tan necio que escolla a guerra antes que a
paz,
pois se nesta son os fillos os que enterran aos seus
pais,
naquela son os pais os que enterran aos seus fillos
Herodoto, Historia, I, 87, 4
Este ano catro equipos portarán o estandarte do IES Marco do Camballón:
Os Ghraios, As Pitonisas, Os Troianos e Ollos de curuxa
Que Atenea lles sexa favorable!
|
martes, 26 de enero de 2016
Concurso ODISEA 2016
domingo, 11 de octubre de 2015
martes, 8 de septiembre de 2015
Benvid@s ao curso 2015-2016
Benvid@s un curso máis ás materias de Latín e Grego e benvid@s por primeira vez en moitos anos á materia de Cultura Clásica!!!
Preparad@s para unha viaxe no espazo e no tempo?
E para ir quentando motores, déixovos este vídeo no que se mesturan distintos personaxes da mitoloxía nunha historia cálida e tenra.
Desfrutádea!
Preparad@s para unha viaxe no espazo e no tempo?
E para ir quentando motores, déixovos este vídeo no que se mesturan distintos personaxes da mitoloxía nunha historia cálida e tenra.
Desfrutádea!
martes, 9 de junio de 2015
Rumbo a Ítaca
Na clase de grego de 1º de BACH limos a Odisea de Homero na versión de Rosemary
Suttcliff, ilustrada polo gran debuxante Alan Lee e editada por Vicens Vives.
Como tod@s sabedes, é o relato do regreso de Odiseo desde
Troia, a cidade que asolaran os gregos tras un asedio que durou dez anos, ata
Ítaca, a súa illa natal onde o esperaban a súa esposa, Penélope, o seu fillo,
Telémaco, e o trono real.
Cubrir esa distancia, aparentemente curta se consultades
un mapa actual, levoulle ao noso heroe outros dez anos, de xeito que a ausencia
da súa casa acadou dúas décadas enteiras.
Ao longo desta dilatada travesía, Odiseo viviu unha morea
de aventuras das que vos damos noticia no mapa interactivo de abaixo.
Cada icona contén un breve texto que informa sobre a
peripecia en cuestión e sobre algunha proposta de localización no mapa do
Mediterráneo (permitíndonos a licenza de supoñer que a xeografía imaxinaria
poda coincidir coa xeografía real).
Un dos puntos marcados cun corazón é Ítaca; o outro, xa
veredes cal é.
O punto marcado coa icona de círculos concéntricos non se
corresponde con ningún lugar presente na Odisea, é un “extra” que incluímos.
Por último, hai outro
punto do mapa que nunca visitou Odiseo e que nós destacamos coa icona do círculo
verde: Alexandría, a vila natal do poeta Cavafis autor do famoso poema Ítaca. Nós traducímolo
na clase e deixámosvos aí a nosa versión.
Queremos dedicarlle este traballo ao profesor Xurxo Mariño, un Odiseo do noso tempo, que tivo a xenerosidade de incluír o IES "Marco do Camballón" no seu periplo deste curso para compartir con nós as súas experiencias e coñecementos.
(Miriam Lareu, Carla Castro, Alba López e Tamara Soto)
(Miriam Lareu, Carla Castro, Alba López e Tamara Soto)
viernes, 5 de junio de 2015
A nosa tradución do poema de Cavafis, Ítaca
Constantino
Cavafis, Ítaca
Tradución feita na clase de Grego de 1º de BACH por Miriam, Carla, Tamara e Alba.
|
lunes, 1 de junio de 2015
Quen a boa árbore se arrima...
Aquí están, á sombra benefactora da árbore sagrada de Atenea, as autoras do traballo Rumbo a Ítaca. preparadas para enfrontar con éxito as Escilas e Caribdis do último tramo do curso. Ánimo que xa falta pouco!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




