martes, 8 de septiembre de 2015

Benvid@s ao curso 2015-2016

Benvid@s un curso máis ás materias de Latín e Grego e benvid@s por primeira vez en moitos anos á materia de Cultura Clásica!!!
Preparad@s para unha viaxe no espazo e no tempo?

E para ir quentando motores, déixovos este vídeo no que se mesturan distintos personaxes da mitoloxía nunha historia cálida e tenra.
Desfrutádea!


sábado, 5 de septiembre de 2015

Aquí tedes unha visita virtual á Acróple, fai clikc na imaxe para comezar a viaxe:



martes, 9 de junio de 2015

Rumbo a Ítaca

Na clase de grego de 1º de BACH limos a Odisea de Homero na versión de Rosemary Suttcliff, ilustrada polo gran debuxante Alan Lee e editada por Vicens Vives.
Como tod@s sabedes, é o relato do regreso de Odiseo desde Troia, a cidade que asolaran os gregos tras un asedio que durou dez anos, ata Ítaca, a súa illa natal onde o esperaban a súa esposa, Penélope, o seu fillo, Telémaco, e o trono real.
Cubrir esa distancia, aparentemente curta se consultades un mapa actual, levoulle ao noso heroe outros dez anos, de xeito que a ausencia da súa casa acadou dúas décadas enteiras.
Ao longo desta dilatada travesía, Odiseo viviu unha morea de aventuras das que vos damos noticia no mapa interactivo de abaixo.
Cada icona contén un breve texto que informa sobre a peripecia en cuestión e sobre algunha proposta de localización no mapa do Mediterráneo (permitíndonos a licenza de supoñer que a xeografía imaxinaria poda coincidir coa xeografía real).
Un dos puntos marcados cun corazón é Ítaca; o outro, xa veredes cal é.
O punto marcado coa icona de círculos concéntricos non se corresponde con ningún lugar presente na Odisea, é un “extra” que incluímos.
Por último, hai outro punto do mapa que nunca visitou Odiseo e que nós destacamos coa icona do círculo verde: Alexandría, a vila natal do poeta Cavafis autor do famoso poema Ítaca. Nós traducímolo na clase e deixámosvos aí a nosa versión.

Queremos dedicarlle este traballo ao profesor Xurxo Mariño, un Odiseo do noso tempo, que tivo a xenerosidade de incluír o IES "Marco do Camballón" no seu periplo deste curso para compartir con nós as súas experiencias e coñecementos.
(Miriam Lareu, Carla Castro, Alba López e Tamara Soto)

viernes, 5 de junio de 2015

A nosa tradución do poema de Cavafis, Ítaca

Constantino Cavafis, Ítaca



Cando saias de viaxe cara a Ítaca,
desexa que o camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos.
Aos lestrigóns e aos cíclopes,
Ao airado Poseidón non temas,
no teu camiño tales cousas nunca atoparás
se o teu pensamento permanece elevado, se unha selecta
emoción o teu espírito e o teu corpo aloumiña.
Aos lestrigóns e aos cíclopes,
ao salvaxe Poseidón non atoparás
se non os cargas ti dentro da túa alma,
se a túa alma non os ergue ante ti.

Desexa que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de verán
en que –con que satisfacción, con que ledicia!–
entres en portos por vez primeira vistos,
Detente en emporios dos fenicios
e adquire boas mercadorías,
nácaras e corais, ámbares e ébanos
e perfumes sensuais de toda especie,
tantos como poidas, infinidade de perfumes sensuais;
a moitas cidades de Exipto vai,
a aprender e aprende dos que moito teñen estudado.

Sempre na túa mente terás a Ítaca.
Chegares alí é o teu destino.
Mais non apresures a viaxe en absoluto.
Mellor será que dure moitos anos
e que, vello xa, atraques na illa,
rico con canto gañaches no camiño,
sen agardar que Ítaca che dea outras riquezas.

Ítaca deuche a fermosa viaxe.
Sen ela, non terías saído ao camiño;
no ten máis nada para che dar.

E se a atopas pobre, non é que Ítaca te enganase.
Así, sabio como te volviches, con tanta experiencia,
xa entenderás as Ítacas que significan.






Tradución feita na clase de Grego de 1º de BACH por Miriam, Carla, Tamara e Alba.

lunes, 1 de junio de 2015

Quen a boa árbore se arrima...




Aquí están, á sombra benefactora da árbore sagrada de Atenea, as autoras do traballo Rumbo a Ítaca. preparadas para enfrontar con éxito as Escilas e Caribdis do último tramo do curso. Ánimo que xa falta pouco!!!

sábado, 30 de mayo de 2015

Debuxos sobre a viaxe de Odiseo



Este é o debuxo de Escila que nos fixo Carla Castro




lunes, 26 de enero de 2015




Comeza hoxe luns 26 de xaneiro a X edición do Concurso Odisea no que participan 4 equipos do Camballón:


OLLO DE SAURON
CALIPSO
BASILISCO
ILUSSIA


Moita sorte aos 4!!!

Da Organización do concurso envíannos o seguinte escrito:

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Saúdos.

A organización do concurso.

Aproveitamos esta entrada para comunicarvos que o xoves 29 e coincidindo co Preguntón, celebraremos na Biblioteca de 11:30 a 11:55 unha festa grecolatina á que estades tod@s invitad@s. Haberá música, imaxes de Grecia e Roma, algo de comer e ...sorpresas!!! 
Non faltedes!

domingo, 25 de enero de 2015

Grecia está de actualidade. Déixovos un par de enlaces para que poidades coñecer a situación actual do país onde naceu a Democracia así como ver imaxes de Grecia, oír falar en grego moderno e escoitar a unha morea de gregos expresándose nun perfecto castelán:

Programa El Obletivo. Domingo 18 de xaneiro. La Sexta TV

Hoy por Hoy. Cadena SER  Venres 23 de xaneiro.

martes, 20 de enero de 2015

Como facer unha túnica

Aquí tedes un titorial para facer unha túnica sen ter que dar nin unha puntada!


 

viernes, 16 de enero de 2015

A vestirse de roman@s!!!

Para que vaiades facendo o voso disfraz:


Lírica grega arcaica

Aquí tedes unha excelente presentación da lírica grega arcaica realizada por Alfredo Conde: